O titular do despacho, Juan José Castelo López, é Administrador de Fincas colexiado nº 1-860 do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia e nº nacional 26.705, con máis de 30 anos de experiencia.
En Castelo Administración e Asesoría contamos cun equipo profesional especializado en xestión de propiedades. Ademais, contamos coa colaboración do equipo do bufete profesional e asesores de Parada e Cotelo, adicado ao asesoramento a empresas en todos os ámbitos.
Transparencia, ética, rigor profesional e eficiencia son os nosos principios básicos
Para edificios de nova construción, comunidades de traballo ou arrendamentos
Máis de 30 anos de experiencia no sector administrativo na administración de explotacións
Carlos Cotelo Merelas e Juan José Castelo López constitúen a empresa Castelo Cotelo Asesores, dedicada á prestación de servizos de asesoramento fiscal, contable, laboral e de propiedade. A actividade desenvólvese na rúa Juan Florez número 8 da Coruña, compartindo localización con León Correduría de Seguros.
Ámbalas dúas empresas trasládanse a un novo local, situado no número 9 da Praza Maestro Mateo da Coruña.
Carlos Cotelo constitúe a sociedade Ecosolución, que prestará a partir de entón servizos de asesoramento fiscal, contable e laboral. Castelo Cotelo Asesores pasa a denominarse Castelo Administración y Asesoría S..L con Juan José Castelo como socio único e prestador de servizos de administración de propiedades. As dúas empresas trasládanse a un novo local, situado no número 10-bis da rúa Juana de Vega.
Trasladámonos á nosa situación actual, no número 13 do Cantón Pequeno, onde compartimos instalacións coa oficina de Parada e Cotelo, na que se integrou Ecosolución, engadindo así asesoramento xurídico aos servizos prestados aos seus clientes.